Guias

Quintana Martelo. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense








A obra de Manuel Quintana Martelo chega por primeira vez a Ourense.

A mostra do artista foi inaugurada o pasado día 17 de decembro no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, onde estará ata o 28 de febreiro de 2016. Está comisariada por Miguel Fernández-Cid

A mostra do pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, presente en dúas salas do Centro Cultural, recolle unha exposición de obra recente do pintor, tal e como dixo Miguel Fernández-Cid, “aproveitouse as dúas plantas do edificio para marcar unha diferenza: na planta baixa reúnense cadros dos últimos anos nos cales os obxectos, Quintana, lévaos a primeiro plano e tamén aparece nesta sala o salto á escultura nesa busca das caras do obxecto que a pintura non lle deixaba representar. E, na segunda planta, móstrase o traballo máis recente, dos últimos tres anos, de Quintana Martelo, unha especie de bodegóns urbanos”. O artista toma fotografías de contedores de lixo á hora nas que a luz do sol incide de maneira directa sobre eles e despois, realiza unha serie de bosquexos que é o que nesa sala se mostra, dende os bosquexos, debuxos e acuarelas ata os cadros de distintas escalas.

Exposición: 17 de decembro ao 28 de febreiro
Vídeo: Salomé Caamaño Cives

Link do Vídeo